OurenseÚltima hora

Dous novos vehículos para o Consorcio Provincial contra Incendios de Ourense

 

Esta mañá presentábanse dous novos vehículos de servizos varios (FSV) adquiridos polo Consorcio provincial contra incendios e salvamento de Ourense que se destinarán aos parques de bombeiros da Limia e de Verín. Esta nova adquisición vén a completar a dotación do parque móbil do Consorcio, sumándose aos dous vehículos entregados anteriormente aos parques de Valdeorras e O Carballiño-Ribeiro.

No acto, que tiña lugar en Xinzo de Limia, tamén participaron o presidente do Consorcio, Pablo Pérez, o seu xerente, Celso Conde, xunto co xerente da Axega, Marcos Araújo, e a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz. A adquisición das novas furgonetas conta cun investimento de 300.000 euros con cargo aos orzamentos do Consorcio provincial contra incendios da provincia de Ourense, dos que a Xunta achega o 62,5 por cento, permitirá mellorar a dotación dos catro parques de bombeiros integrados no Consorcio provincial e así contribuír a ofrecer un servizo cada vez de mellor calidade aos ourensáns.

Os novos vehículos dispoñen de tracción integral 4×4 e están dotados con equipo de excarceración, kit de presión de auga, sinalización de emerxencias e equipo de comunicación TETRA, entre outras características. Polas súas características serán empregados para operacións de excarceracións en estradas e rescates en zonas illadas.

Artigos relacionados

Back to top button