En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Dous operarios evacuados dun incendio forestal na zona trivesa de Navea

O lume iniciábase ao redor das seis e media da tarde do 14 de agosto

Unha gran columna de fume e grandes chamas envolven a parroquia trivesa de Navea. Un incendio forestal comezaba ás 18:24h. do 14 de agosto. Nel, segundo informaba a Consellería do Medio Rural á última hora da tarde, tiveron que ser evacuados “dous operarios, un deles por inhalación de fume e outro por un golpe nunha xeonllo a causa dun accidente mentres conducía unha motobomba. Ambos foron trasladados ao hospital de O Barco de Valdeorras”.

Segundo as primeiras estimacións da consellería están afectadas polo incendio, que se mantén activo, unhas 10 hectáreas e estaban traballando na súa extinción 1 técnico, 2 axentes, 8 brigadas, 3 motobombas, 5 helicópteros e 1 avión.

Tamén hai outras zonas da provincia de Ourense continúan afectadas polo lume. É o caso da parroquia de San Millao, no concello de Cualedro. Este incendio niciábase o 13 de agosto ás 15:27 horas. Segundo as últimas estimacións, están afectadas unhas 450 hectáreas. Están traballando na súa extinción 3 técnicos, 12 axentes, 35 brigadas, 16 motobombas, 3 pas, 7 helicópteros e 5 avións.

Por outra banda, o incendio da parroquia de Soutochao, no municipio de Vilardevós, está controlado.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button