DeportesEn portadaÚltima hora

Dous ouros e unha prata para o Adas no campionato galego de clubs Sub10 e Sub12, no Barco

A competición autonómica continuará pola tarde en categoría Sub14 nas pistas de atletismo de Calabagueiros

 

As pistas barquenses de atletismo de Calabagueiros enchíanse de atletas de diferentes puntos de Galicia xa dende primeira hora deste sábado. Un total de 640 participantes de 21 equipos, entre eles o Adas Cupa do Barco, afrontan nesta xornada de 14 de maio o Campionato de Galicia por clubs das categorías base (Sub10, Sub12 e Sub14).

 

 

Así, pola maña disputábanse as probas das categorías Sub10 e Sub12, deixando ata tres podios no Club Adas Cupa, que contaba entre as súas filas con atletas das Escolas Deportivas de Trives e da Rúa. Así, facíase co ouro en Sub10 feminino e coa prata en Sub10 masculino, xunto con outro ouro en Sub12 masculino.

 

 

Coa entrega de premios, na que participaban representantes da Delegación Valdeorresa de Atletismo e o concelleiro de Deportes do Barco, Aurentino Alonso, finalizaba a xornada competitivda de mañá. Pola tarde continuarase co Campionato de Galicia Sub14, no que o Adas podería sumar algún podio máis.

Fotos: Carlos G. Hervella/ A.R.

 

Podios Campionato de Galicia por equipos Sub10 e Sub12

Sub10 masculino

Sub10 feminino

Sub12 masculino

Sub12 feminino

Artigos relacionados

Back to top button