DeportesÚltima hora

Dous ouros e unha prata para Xiana Pungín no Campionato de España de promesas paralímpicas

A atleta valdeorresa subíase ao podio nos 80 m, nos 1.000 m e tamén na lonxitude na categoría Sub14

Xiana Pungín, nunha das competicións en Valencia.

 

Novamente a xove atleta valdeorresa Xiana Pungín Estévez (Adas) vén de amosar a súa calidade deportiva logrando un dobre oro e unha prata no Campionato de España Liberty de Promesas Paralímpicas de Atletismo, celebrado en Valencia a pasada fin de semana do 24 e 25 de outubro. Nesta competición participaban máis de 100 deportistas (da categoría Sub 20 ata a Sub10), chegados dende diferentes puntos de España.

Así, no estadio de atletismo do Turia, Xiana Pungín facíase co ouro nos 80 m (cunha marca de 12.17) e nos 1.000 m (4:03.99), ademais de colgarse a prata na lonxitude dun salto de 4’02 m. Esta é xa a cuarta vez que esta atleta acude a esta competición nacional, unha das que lle fan “máis ilusion polo gran ambiente de compañeirismo que se vive” nela, tal e como destacan dende o o Club Adas, que lle transmite ademais a súa “máis sinceira felicitación”.

 

Xiana Pungín no podio antes de recoller un dos ouros conquistados en Valencia.

 

Nas tres xornadas do Campionato de España Liberty de Promesas Paralímpicas de Atletismo, organizado polo CPE e as Federacións de deportistas con discapacidade, FEDC, FEDDF, FEDDI e FEDPC, “os novos atletas destacaron e mostraron un bo estado de forma na competición”, tal e como valoran dende a Federación Española de Deportes para Cegos.

Fotos cedidas pola familia.

 

A atleta valdeorresa, cunha das medallas de ouro.

 

Artigos relacionados

Back to top button