DeportesMotociclismoÚltima hora

Dous pilotos barquenses entre os 180 participantes na carreira de cross country disputada en Igüeña (León)

Jorge Paradelo impoñíase na categoría sénior e Diego Teixeira entraba no posto 8º

Diego Teixeira en plena carreira.

 

Despois dun tempo cos motores parados por culpa das restricións, os afeccionados ao motociclimo regresan á competición.

Así o facían os deportistas barquenses, Diego Teixeira Fernández e Jorge Paradelo Rodríguez, dous dos preto de 180 inscritos na carreira de cross country elite do Campionato de Castela e León, disputada o pasado 27 de marzo en Igüeña (León).

Tal como explica o propio Diego, foi unha proba con “moito, moito polvo” e con 50 motos á vez na parrillade saída entre os que estaban el e Paradelo loitando entre os dez primeiros. Foron dúas horas de carreira sen parar e finalmente, Jorge Paradelo facíase coa vitoria mentres que Diego quedaba na 8ª posición.

A seguinte cita para os barquenses será xa na Liga Galega da Moto de Campo que comeza este domingo 11 de abril, cunha carreira de enduro social federado, en Piñor (Ourense).

Artigos relacionados

Back to top button