DeportesÚltima hora

Dous podios para o Club Peña Trevinca Barco na 4ª proba da Liga Galega de Orientación a Pé

Montse Marinas Rojo era segunda en F45 e Martina Aller Pfirter terceira nun F12 na carreira celebrada no mapa de Areas-Paderne

Martina Aller Pfirter nunha proba de orientación. /Foto: Carlos G. Hervella.

 

Na xornada deste sábado 24 de abril celebrábase, sobre o mapa de Areas-Paderne, a cuarta proba da Liga Galena de Orientación a Pé, que tamén serviu para dilucidar o Campionato Galego de Longa Distancia.

Nesta carreira, de elevada esixencia técnica e física en todas as categorías como corresponde a un campionato de longa distancia, participaban ata once orientadores do Club Peña Trevinca Barco con dous deles no podio. Montse Marinas Rojo era segunda en F45 e Martina Aller Pfirter era terceira nun F12. Ademais, Lúa González Durán era quinta en F14 e Remedios Durán Pernas, 15ª en F45.

 

Artigos relacionados

Back to top button