DeportesKárateÚltima hora

Dous podios para o KC River Stone do Barco no Campionato Galego Sénior e Máster de Karate

Lucía Herrero vencía en Kumite Sénior -50 kg e Nicolás Rodríguez era terceiro en Máster

 

O karate valdeorrés volve estar de noraboa. Con dous trofeos regresaba o Club River Stone do Barco do Campionato Galego Sénior, Máster e Para Karate, celebrado esta fin de semana no Polideportivo Municipal do Barrio das Flores, na Coruña.

Lucía Herrero Valcarce demostrou unha vez máis que non ten rival a nivel galego nin sequera na categoría sénior, subindo ao alto do podio (primeira clasificada) na modalidade Kumite -50 kg. O outro trofeo era para o adestrador do club Nicolás Rodríguez que competía na categoría Máster (a partir de 35 anos), quedando terceiro clasificado.

 

Lucía Herrero co trofeo.

 

Tamén do KC River Stone estaba Raquel Cruz un dos árbitros deste campionato galego.

 

Raquel, Nicolás e Lucía no campionato galego.

 

Fotos cedidas/ RFGK

Artigos relacionados

Back to top button