DeportesÚltima hora

Dous podios para o Peña Trevinca Barco no campionato galego de orientación na modalidade de relevos mixtos

O equipo de veteranos B e un dos infantís subían ao terceiro caixón

 

Da mellor forma posible remataba o ano a sección de orientación do club Peña Trevinca Barco, que se desprazaba este domingo 29 de decembro ata o parque do Pasatempo en Betanzos para participar no campionato galego de relevos mixtos, colleitando novos trofeos.

O club barquense participaba con dous equipos de infantís, un de xuvenís, un de séniors e outro de veteranos B, conseguindo estes últimos (Remedios Durán, Xan Trigo e Pablo Aller) e un dos equipos infantís (Lúa González, Israel Agudo e Mailén Aller) o terceiro posto do podio.

 

Os troeos son obra do artesán ourensán Martín Morales.

 

A entrega de premios tiña lugar no Auditorio do Liceo onde tamén se entregaron os trofeos da liga galega de orientación 2019 en todas as súas modalidades, con varios para o Peña Trevinca: Mailén Aller, campioa en F12; Israel Agudo, subcampión en M14; Iago Trigo, terceiro en M16; Milagros Aller, subcampioa en F18; Lisardo Vázquez, subcampión en +M21 (B); Remedios Durán, terceira en +F50; e Xan Trigo, campión en +M50.

No club valdeorrés están “moi contentos e orgullos” cos resultados, xa que nun deporte minoritario como é a orientación e malia ser un “club modesto e pequeno” están dando guerra a nivel autonómico.

Fotos cedidas

Artigos relacionados

Back to top button