ConcellosEn portadaO BarcoÚltima hora

Dous positivos por Covid no CEIP Otero Pedrayo de Viloira (O Barco)

Entrada ao CEIP Otero Pedrayo de Viloira (O Barco).

 

Continúan aparecendo casos de Covid nos centros escolares do Barco. Así, neste luns 28 de setembro veñen de confirmarse dous positivos de coronavirus no CEIP Otero Pedrayo de Viloira (O Barco). “Despois da confirmación de dous positivos entre o alumnado do noso colexio na tarde do domingo, e o pertinente e inmediato aviso ás familias das dúas aulas afectadas, hoxe luns, o resto das familias do colexio foi informado vía carta desa situación”, segundo vén de facer público este centro escolar a través dun comunicado nas redes sociais.

Ademais dende o CEIP Otero Pedrayo agradécese “á familia afectada a prudencia e responsabilidade con que se tratou a sospeita e pedímosvos a todos que xestionedes a situación deste curso coa maior tranquilidade e responsabilidade posible, incidindo en que ninguén pode asistir ao centro con síntomas compatibles co Covid-19”.

Tamén se lles transmite aos pais e nais do alumnado que “poden ter a certeza de que estamos disponibles para o que nos necesiten e de que seguimos rigorosamente as instruccións que desde Sanidade nos van comunicando”.

Este dous casos do Colexio Otero Pedrayo súmanse ao positivo do CEIP Condesa de Fenosa do Barco, onde se pechou unha aula, e a outro positivo no Colexio Divina Pastora desta mesma vila.

Artigos relacionados

Back to top button
Close