A RúaConcellosÚltima hora

Dous positivos por Covid no IES Cosme López da Rúa

No caso dos centros educativos do Barco mantéñense, por terceira xornada consecutiva, un total de 4 positivos

Exterior do IES Cosme López da Rúa./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Tras días libre de virus, o IES Cosme López da Rúa rexistra dous positivos por coronavirus, tal e como informa neste sábado 7 de novembro dende a Xunta de Galicia.

Ademais, no caso do Barco, por terceira xornada consecutiva mantéñense catro positivos nos centros educativos do municipio: a Escola Infantil Los Juglares ten 2, o CEIP Julio Gurriarán 1 e o IES Lauro Olmo outro.

Así mesmo, o IES Xermán Ancochea de Trives continúa con 1 positivo.

Por outra banda, o IES de Quiroga continúa con dous casos activos de Covid e o CEIP San Clodio rexistra un caso.

Artigos relacionados

Back to top button
Close