DeportesÚltima hora

Dous valdeorreses no podio do Gran Premio de Montaña da Rúa

Jesús Rodríguez León vencía no trail curto e Raúl Delgado Cerejido era terceiro no trail longo

Algo máis de 3 horas e 23 minutos empregaba Lois Rodríguez Boga para completar os 33,2 quilómetros do trail longo, proclamándose vencedor por escasos dous segundos do III Gran Premio de Montaña da Rúa. O segundo clasificado foi Adrián Rodríguez Díaz e terceiro, xa a seis minutos, o valdeorrés Raúl Delgado Cerejido do Club Kirlo.

Con respecto ao trail curto, foi outro valdeorrés o máis rápido. Jesús Rodríguez León do Club Fluvial Barco entraba en meta despois de percorrer os 15 quilómetros de rigor nun tempo de 1:44:15.843. O segundo clasificado foi Tomás Díaz Fernández e o terceiro Brais Fernández Martínez.

A participación nesta terceira edición da proba organizada polo Club Atletismo Rúa, completábana os 47 andarines que percorreron outros 15 quilómetros polos montes da localidade.

Fotos: Carlos G. Hervella e Club Atletismo Rúa.

Artigos relacionados

Back to top button