EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Dous viños da Adega Roandi de Éntoma, premiados no XVII Concurso Viños Tintos Galegos, en Euskadi

A entrega dos galardóns, organizada pola Irmanadade de Centros Galegos en Euskadi, tiña lugar na sede do C.R.D.O. Valdeorras

No marco do XXXII Día de Galicia en Euskadi organizado pola Irmandade de Centros Galegos en Euskadi, o 17 de xuño celebrábase en Barakaldo a XVII edición da Cata-Concurso Viños Tintos de Galicia, da man da Asociación de de Sumilleres (U.A.E.S.A.S.I.), resultando gañadores dous viños de Valdeorras, un da Ribeira Sacra e outro de Monterrei.

Os dous primeiros foron para dous viños da Adega Roandi de Éntoma (O Barco): Flavia (mencía) e Domus (sousón + mencía), ámbolos dous da D.O. Valdeorras. O terceiro foi para Lar de Ricobao (Selección do Val da D.O. Ribeira Sacra) da Adega Lar de Ricobao de Quiroga (Lugo). Tamén houbo un accésit para Setembro 16 (mencía da D.O. Monterrei) da Adega Pazo de Valdeconde (Mourazos, Verín).

A entrega dos galardóns tiña lugar na mañá do 8 de agosto na sede do Consello Regulador da D.O. Valdeorras, por parte do organizador da cata, José David Fidalgo Fidalgo, contando asemade coa presenza do presidente do Consello, José Luis García Pando e dos responsables de Roandi, Rogelio Moral e Fátima Lorenzo.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button