ConcellosO BarcoÚltima horaVídeos

Dous xabaríns pola céntrica rúa Conde Fenosa, no Barco

 

Os xabaríns acércanse cada vez máis ás zonas poboadas, e mostra disto é este vídeo no que pode verse a unha parella desta especie salvaxe paseando de madrugada polo mesmo centro da vila do Barco de Valdeorras.

Hai apenas unha semana un veciño gravaba a un par de porcos bravos no paso inferior que une a rúa Eloy Rodríguez Barrios coa Avenida da Deputación, chegando ata a Casa do Río Cigüeño e días despois, outro veciño gravábaos (non sabemos se son os mesmos ou outros) subindo pola rúa Pescadores, atravesando a céntrica rúa Conde Fenosa e seguindo o seu camiño pola rúa Santa Rita en dirección á vía do ferrocarril.

Dende estas liñas gradecemos a cesión deste vídeo.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button