En portadaÚltima hora

Dúas adegas abrirán a vendima na D.O. Valdeorras o 24 de agosto

O pleno do consello regulador vén de aprobar as normas desta campaña 2020 para vedores, adegas e explotadores

Labores de vendima nunha campaña anterior en Valdeorras./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A recollida da uva na Denominación de Orise Valdeorras principiará o vindeiro luns, 24 de agosto. Godeval e Valdesil serán as primeiras adegas en iniciar os traballos de vendima, segundo anunciaron os seus responsables nas solicitiudes remitidas ao órgano de control do
consello regulador.

Esta mañá reuníase en Vilamartín o pleno do CRDO Valdeorras e acordaba, coma en anos anteriores, a contratación de vedores para a vendima 2020 a través dunha empresa de traballo temporal. Xunto a iso, aprobou as normas para a vindeira campaña tanto vedores, como para adegas e explotadores.

O presidente do consello regulador, José Luis García Pando, indica que agarda que a “colleita sexa, un ano máis, óptima tanto en cantidade coma en calidade da uva, porque o estado fitosanitario das vides é moi bo”. Neste sentido, a previsión é que se poidan superar “os seis millóns de quilos de uva recollidos” nunha campaña que durará “entre seis e oito semanas”.

 

Pleno do CRDO Valdeorras celebrado na mañá deste venres 21 de agosto./ Foto: CRDO Valdeorras.

 

Dende o CRDO Valdeorras ínstase a adegueiros e viticultores a estar vixiantes e a cumprir os diferentes protocolos que as autoridades sanitarias dictaminen en relación á realización de traballos agrarios para “garantir a seguridade e saúde de todos as persoas que realicen tarefas de recollida e procesado da uva”.

Ante calquera dúbida neste sentido ou en torno a como proceder, García Pando insta aos membros do sector vitivinícola valdeorrés a obter información a través do consello regulador.

Artigos relacionados

Back to top button