CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Dúas alumnas do CEIP Julio Gurriarán do Barco, finalistas no XII certame ‘Deseña unha xoia para a túa nai’

Alejandra de la Fuente González e Carla Peña Rodríguez deseñaron unha pulseira e un colar, respectivamente

A pulseira deseñada por Alejandra de la Fuente.

 

Despois do parón obrigado dos últimos dous anos, o Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia (Coxga) e a Federación Galega de Xoieiros, volveron a poñer a proba a creatividade dos máis pequenos cun certame no que retaba a nenos de 0 a 12 anos a deseñar a xoia que lles gustaría regalar á súa nai no que o deseño de dúas participantes na categoría de 11-12 anos, alumnas do CEIP Plurilingüe Julio Gurriarán, resultaba finalista.  O colar deseñado por Carla Peña Rodríguez recibía 128 votos e a pulseira de Alejandra de la Fuente González, seareia do CD Barco, un total de 432 votos.

A mecánica do certame, establecía que os escolares tiñan de prazo ata o 4 de abril para realizar os deseños que, deberían subir á plataforma habilitada para o certame, os pais, titores legais ou profesores dos participantes. Durante o prazo de presentación dos deseños, as propostas participantes estiveron expostas na galería da plataforma, onde se podían votar as candidaturas favoritas, pasando a ser finalistas os 10 deseños con máis votos de cada unha das catro categorías establecidas, que diferencian ao alumnado por idades, de 0 a 4 anos, de 5 a 7, de 8 a 10 anos e de 11 a 12 anos de idade.

Unha vez rematado o prazo de presentación de deseños e votación pública, o xurado seleccionou outros 10 deseños finalistas por grupo, que se sumaron aos elixidos por votación pública, e, entre todos os finalistas,
seleccionaron os 12 gañadores do certame, tres por cada unha das categorías.

 

O colar deseñado por Carla Peña.

 

No acto de entrega de premios que terá lugar hoxe 30 de abril ás 12h30 no Auditorio do CGAC, en Santiago de Compostela, e que contará coa presenza de representantes das Administracións Públicas, arroupando aos 80 finalistas e as súas familias, desvelaranse os gañadores que verán convertidas en realidade as pezas que deseñaron.

Os profesionais que o farán posible son Félix Munín, Isabel Suárez e a alumna Ana García Fernández da EASD Mestre Mateo, de Santiago de Compostela; Ardentia, Lizarriturri e Unión Joyera de Bergondo, de Bergondo; Rosende Joyeros, de Ferrol; Joyería Fernández, de Sada; Raúl Pesqueira Fariña, de Marín e Kerale, de Viveiro.

Tomando como referencia os debuxos dos nenos, cada un dos xoieiros estase encargando estes días da creación dunha ou varias das xoias gañadoras. Tentando manterse o máis fiel posible ao deseño, deciden o
tipo de metal máis apropiado e a interpretación que mellor garanta a súa execución técnica.

Artigos relacionados

Back to top button