DeportesÚltima hora

Dúas cativas do Peña Trevinca Barco triunfan na Copa Deputación de Orientación 2018

Ademais, catro deportistas barquenses facían podio na 5ª proba da liga galega a pé celebrada en Vigo
Martina Aller e Olalla Vázquez.

O mapa do Campus Universitario de Vigo acollía o pasado sábado 9 de xuño a 5ª proba da liga galega de orientación a pé, coa que se superou o ecuador da competición, e na que varios orientadores do Club Trevinca O Barco facían podio. Cristina Neta Pérez era 1ª en F16; Francisco Camba Rodríguez era 1º en M21B; Mailén Aller Pfirter era 3ª en F12; e Alba Osorio Míguez era 3ª en F18.

Por outra banda, o domingo dia 10 celebrábase en Xinzo de Limia a 1ª proba da Copa Deputación de Orientación 2018, onde as cativas Martina Aller (pre benxamín) e Olalla Vázquez (benxamín), conseguían un primeiro e un segundo posto respectivamente. Nas categorías de adultos, Lisardo Vázquez conseguía o terceiro posto na categoría sénior e Pablo Aller vencía en veteranos.

Artigos relacionados

Back to top button