ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Dúas comedias e doces para celebrar o Nadal en Vilanova (O Barco)

A Asociación Cultural O Mosteiro convidou aos veciños a unha dobre sesión de teatro

En lugar de con música, este ano a Asociación Cultural O Mosteiro de Vilanova (O Barco) decidía celebrar o Nadal con teatro. E para iso contactou con Cadea de Viana do Bolo que, na tarde do 26 de decembro, actuaba para os veciños no local das escolas.

A primeira obra, O diñeiro bo compañeiro, xira en torno á relación entre nai e filla con mentalidades moi diferentes debido principalmente á diferenza de idade. Unha é tradicional e costumista, preocupada polo que dirán e a outra liberal, inqueda e moderna. Dous puntos de vista moi diferentes respecto á vida pero cun punto en común: a forza do diñeiro que supera todo, chegando a converterse no mellor compañeiro do home.

A segunda, Os Vilachá, conta a historia de dúas irmás solteiras que levan vivindo xuntas toda a vida na casa do seu irmán emigrado en Sudamérica. Parece que as cousas non van demasiado ben economicamente do outro lado do océano e decide voltar a España a vivir na casa da súa propiedade ocupada polas dúas irmás, que deberán atopar unha solución canto antes para desaloxar a vivenda na que habitan dende hai mas de 60 anos.

E despois das risas, nada mellor que unha merenda a base de chocolate con churros para todos, por xentileza da asociación.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button