CulturaCulturaGalerías de fotosMúsicaÚltima hora

Dúas corais acompañan ao Orfeón Valdeorrés no concerto de outono celebrado no Barco

O concerto tiña lugar na tarde do 20 de outubro no Teatro Lauro Olmo

Como cada ano, o Orfeón Valdeorrés conmemoraba o outono cunha xuntanza de corais cuxas voces envolveron o Teatro Lauro Olmo do Barco.

Numerosas persoas asistían na tarde do 20 de outubro ao concerto coral no que participaron tres agrupacións: dúas convidadas e a anfitriona. Dende terras coruñesas chegaron as voces da Coral Lembranzas da Terra de Valdoviño e dende a provincia de Pontevedra, a Coral de Berres (A Estrada), pechando a actuación o Orfeón Valdeorrés que José Ramón Mansilla dirixe dende hai 20 anos (o 16 de setembro celebraban o aniversario).

Coma sempre, o broche á gala poñíao a entrega de agasallos conmemorativos ás corais convidadas, por parte do presidente do Orfeón, José Luis Folla Gómez e tamén do alcalde do Barco, Alfredo García.

A próxima cita para o Orfeón Valdeorrés será no mes de novembro cando se desprazarán ata Celanova para celebrar a festividade de Santa Cecilia no Mosteiro de San Rosendo.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button