EconomíaEconomíaViticultura

Dúas experiencias enoturísticas na Ribeira Sacra

Percorridos en tren entre viñedos e viaxes en lancha para saborear as paisaxes vitícolas desta D.O.
Cartaz dunha das actividades.
Cartaz dunha das actividades.

Descubrir e desfrutar da viticultura heroica a través de dúas viaxes diferentes en xuño. É unha dobre suxerencia que lanza Enoturismo Galicia aos afeccionados do mundo do viño. Así dende esta empresa valdeorresa propóñense dúas actividades para este mes. A primeira, programada para a tarde do 20 de xuño, é unha ruta no Tren Turístico Aba Sacra cun espectacular percorrido polos socalcos da Ribeira Sacra.

Logo terá lugar unha cata comentada co enólogo da Adega Regina Viarum e un xantar no Restaurante A Cantina (Doade, Sober), no que se degustarán produtos da zona maridados con vinos de la Bodega Regina Viarum. Ademais poderá desfrutarse da música en directo da pianista Alexandra Pérez.

Por outra banda, para o 27 de xuño está prevista pola tarde unha nova actividade: “O Sabor dunha paisaxe na Ribeira Sacra”. No seu decurso “Navegaremos no tempo polas augas e os bosques sagrados, sulcaremos a soidade do Río Miño… Coñeceremos en barca “lancha” a Ribeira Sacra, os recodos nunca vistos do Río Miño, fermosas fervenzas, ribeiras e adegas, bosques sagrados…”, aseguran dende Enoturismo Galicia.

O punto de encontro será o Embarcadeiro de Belesar, de onde se sairá en “lancha neumática” con Quinta Sacra polo Miño. Esta proposta incluirá unha degustación de viño nunha antiga adega ao pé do río, así como unha visita e unha cata comentada con pinchos na Adega Abadía da Cova. Tampouco faltará a música, cunha actuación en directo nesta mesma adega do violinista Oleksander Sauchuk.

Máis información: http://www.enoturismogalicia.es/

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button