A praia de Laxe na provincia da Coruña, acolleu esta fin de semana o campionato galego se salvamento e socorrismo deportivo en augas abertas na categoría xuvenil e júnior.
Unha vez máis, a representación ourensá corría por conta da júnior Andrea Bello Armada do club Salvour, que despois da súa excelente actuación no campionato de España a pasada semana, “volvía confirmar o seu bo estado de forma obtendo dois metais na cita autonómica”, explican dende o club.
Na proba de bandeiras “loitou ata o final por conseguir o campionato e finalmente acadou a medalla de prata e na proba de nadar surf adxudicouse a medalla de bronce”, informan dende Ourense, adiantando que a tempada finalizará para esta deportista a vindeira semana co campionato galego absoluto, de novo na praia de Laxe.
Fotos: Club Salvour.