DeportesÚltima hora

Dúas medallas para Xiana Pungín (Adas), no Campionato de España de menores da ONCE

A atleta valdeorresa lograba un ouro e unha prata en Sub14 nesta cita nacional

 

Con máis de 90 atletas contaba o Campionato de España menores da ONCE, que se desenvolvía do 11 ao 12 de xuño na cidade de Segovia.

Nesta cita contábase con 4 atletas de Galicia. Entre eles estaba a valdeorresa Xiana Pungín Estévez (Club Adas Cupa do Barco), que se subía ata en dúas ocasións ao podio nacional. Así facíase co ouro nos 100 m e coa prata na lonxitude en categoría Sub16.

Fotos da galería: cedidas.

 

Xiana Pungín (Adas), cos outros tres atletas galegos que competían en Segovia./ Foto: FGA.

Artigos relacionados

Back to top button