EconomíaEconomíaÚltima hora

Dúas novas citas coa automoción, en Expourense

O recinto feiral ourensán acollerá en outubro o 6º Salón do Automóbil Novo e o 6º Salón do Automóbil Ocasión
Un dos momentos do acto da sinatura.
Un dos momentos do acto da sinatura.

Expourense e a Asociación de Concesionarios de Automóbiles de Ourense (A.C.A.U.T.O.) asinaban na mañá do 9 de setembro o convenio para a celebración en outubro de dúas novas mostras no calendario feiral ourensán: o 6º Salón do Automóbil-Vehículo Novo (a fin de semana do 3 ó 5) e o 6º Salón do Automóbil–Vehículo de Ocasión (do día 10 ó 12).

Na sinatura estiveron presentes o director xerente de Expourense, Alejandro Rubín, e o presidente da asociación empresarial, Ramón Seijas. Estiveron acompañados ademais por Santiago Garza, membro da executiva de A.C.A.U.T.O.

Con esta iniciativa búscase presentar no recinto feiral unha oferta completa e atractiva, que cubra todas as gamas e modelos de vehículos para adaptarse ás necesidades e preferencias dos visitantes. Polo de agora, teñen confirmada a participación como expositores nestas citas de todos os concesionarios da provincia asociados a A.C.A.U.T.O. En total participarán unha vintena de empresas que engloban máis de 30 marcas de vehículos.

Así o público dos salóns poderá consultar nun mesmo espazo toda a oferta existente no mercado ourensán, comparar opcións antes de realizar unha compra que require dun gran desembolso económico. E para “animar aos visitantes a axilizar o proceso de decisión, a organización sortearán entre os visitantes que pechen a compra dun autómobil nestas citas un desconto de 6.000 euros”, segundo a organización.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button