CulturaCulturaÚltima hora

Dúas novas citas dos “Directos Xacobeo’21” no Barco e en Vilar de Santos

O próximo martes La Casa de Los Ingleses actuará no Café Teatro Bajo 5 e o domingo farao Habelas Hainas na Arca de Noe

 

O programa Directos Xacobeo’21 chega novamente ás salas da provincia de Ourense apostando polo pop e a música tradicional. Este ciclo de concertos ten dúas citas nos próximos días nesta provincia. A primeira será o domingo na sala A Arca de Noe (Vilar de Santos), onde a música tradicional será a gran protagonista con Habelas Hainas. O próximo martes 18 de agosto, será a quenda da sala Bajo 5 (O Barco de Valdeorras) a onde se achegará o grupo de pop La Casa de los Ingleses.

Sandra Tamayo (acordeón, gaita, pandeiro cadrado), Patricia Gamallo (gaita, pandeiro cadrado, guitarra), Arantza Alfaia (tamboril, caixón peruano, ferriños, derbuka) e Jara Ortiz (voz, bombo, pandeireta, crótalos árabes) son Habelas Hainas. Comezaron este proxecto de música de raíz en Compostela en 2010, cunha ollada feminista e social, explorando outras músicas. Experimentan coa tradición e crean un son propio, fresco, enérxico e orixinal nunha intensa traxectoria como como músicas ao vivo. A formación, que conta con dous albumes –Livres e Loucas e Músicas en pé de festa con Sacha na Horta, Oïma e The Teta’s Vn- actuará o domingo na sala A Arca de Noe ás 20.30 horas.

La Casa de los Ingleses son unha banda de pop, de cancións sinxelas e directas A formación conta cunha coidada estética tanto nas melodías como no escenario. EN 2012 decidiron empezar a tocar en directo e foron moitos e moi variados os concertos que ofreceron desde entón por toda a xeografía galega e en 2015 publicaron o seu primeiro traballo Punto de partida. Nel, a banda demostra a súa inclinación polas melodías efectivas e os medios tempos pegadizos. No seu haber contan con varios premios como Liberty Music Play, Fest2015 ou 15Bolos, ademais de ter compartido escenario con grupos como Novedades Carminha. En 2018 publicaron o seu primeiro LP, La Tierra es plana, que están a presentar nunha xira por todo o territorio estatal e que o próximo martes 18 de agosto chegará á sala Bajo 5 ás 22.30 horas.

Directos Xacobeo’21 celébrase con asistencia de público, atendendo ás medidas respecto á capacidade e ás condicións hixiénico-sanitarias que, en cada momento, dispoñan as autoridades competentes.

Artigos relacionados

Back to top button