ConcellosÚltima hora

Dúas persoas feridas tras o impacto dun vehículo contra un inmoble na Rúa

O accidente tiña lugar esta madrugada na rúa Emilia Pardo Bazán desta localidade valdeorresa

 

Imaxe do baixo danado polo impacto dun vehículo na Rúa.

Sobre ás 01:45 horas desta madrugada un vehículo saíase da vía na Rúa e chocaba contra un inmoble situado na rúa Emilia Pardo Bazán desta localidade, paralela á vía do tren. O accidente, no que resultaban feridas as dúas persoas que viaxaban no vehículo, producíase á altura do número 18, segundo informa o 112 Galicia. Como conscuencia do impacto o baixo comercial no que resultaba bastante danado.

Ata o lugar do suceso desprazáronse, ademais dos servizos sanitarios e os membros do GES de Valdeorras. Igualmente, dende o 112 Galicia tamén se informou da situación aos Bombeiros de Valdeorras e á Garda Civil de Tráfico. Os dous ocupantes do vehículo foron trasladados polo persoal sanitario do 061.

Artigos relacionados

Back to top button