ConcellosQuirogaÚltima hora

Dúas persoas resultan feridas ao precipitarse o vehículo no que viaxaban por un desnivel de 4 metros, en Quiroga

 

 

En torno ás 3:30 horas da madrugada deste domingo 12 de xuño o 112  Galicia recibía o aviso dun accidente de tráfico no municipio lucense de Quiroga. Dúas persoas conseguían saír polos seus propios medios dun vehículo tras caer por un desnivel de catro metros, aínda que necesitaban asistencia médica debido ás lesións provocadas durante o accidente. Segundo informa o 112 para a localización do lugar foron fundamentais as coordenadas recibidas a través do sistema de alertas do coche.

As dúas persoas atopábanse na LU-933 nun barranco a catro metros de profundidade co risco de precipitarse a un regato, pero foron capaces de saír do coche polos seus propios medios e, aínda que con axuda dos membros do GES de Quiroga para volver á estrada e recibir asistencia médica, non foi necesario ningún outro medio para o seu rescate.

Segundo o 112, unha vez que alcanzaron a estrada de novo, unha ambulancia de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladou aos dous ocupantes, un home e unha muller, ao centro hospitalario de referencia.

 

Artigos relacionados

Back to top button