ConcellosEn portadaGalerías de fotosÚltima hora

Dúas persoas resultan feridas nun accidente de tráfico en Vilamartín

Pasadas as once da mañá deste sábado 6 de outubro producíase un accidente de tráfico na estrada N-120 ao seu paso por Vilamartín, nun cruce considerado moi perigoso no que se sae desta localidade e vaise cara ao Bañadoiro. No sinistro víanse implicados unha moto, na que ía unha parella que resultaba ferida, e un coche.

Ata o lugar do accidente desprazábanse de inmediado os efectivos do Grupo de Emerxencias Supramunicipais (GES) de Valdeorras, a Garda Civil de Tráfico, o 061 e Protección Civil de Vilamartín.

Máis información:
https://osil.info/vilamartin-leva-anos-pedindo-un-paso-elevado-ou-subterraneo-para-o-cruce-coa-n-120-no-que-se-producia-un-accidente-esta-mana/

Artigos relacionados

Back to top button