ConcellosQuirogaÚltima hora

Dúas persoas resultan feridas nun accidente na N-120 ao seu paso por Quiroga

 

Rozando as cinco da tarde producíase un accidente na estrada N-120, ao seu paso polo municipio de Quiroga. Un particular avisaba ao 112 Galicia de que “un vehículo colisionara contra o quitamedos nesta estrada, en concreto no punto quilométrico 504, na parroquia de Quintá de Lor. Deseguido, outra persoa sinalaba que no accidente estaban implicados dous coches que colisionaran de fronte”, segundo o 112 Galicia.

De xeito inmediato, os xestores do CIAE-112 Galicia informaron aos servizos sanitarios, á Garda Civil de Tráfico, aos bombeiros de Monforte, aos bombeiros do GES de Folgoso e á Policía Local de Quiroga.

“Finalmente, os axentes de tráfico confirmaron que se tratou dunha colisión frontal entre dous vehículos e os servizos sanitarios comunicaron que ían trasladar a dúas persoas ao Hospital Comarcal de Monforte de Lemos”.

Artigos relacionados

Back to top button