ConcellosQuirogaÚltima hora

Dúas persoas tiveron que ser excarceradas no accidente de tráfico na N-120 en Quiroga

 

Dúas persoas precisaron ser excarceradas do interior dun coche despois de que este batese frontalmente contra outro turismo en Quiroga, nun accidente de tráfico que se producía arredor das 18h. no punto quilométrico 500 da estrada N-120, á altura da zona de Augasmestas.

Así, segundo informa o 112 Galicia, “os Bombeiros de Monforte liberaron ás dúas persoas, que quedaran atrapadas no interior dun dos vehículos implicados no accidente e, posteriormente, ambas foron trasladadas nunha ambulancia a un centro hospitalario. Ademais, outra persoa que resultou ferida no sinistro tamén foi evacuada nunha ambulancia”.

Acto seguido, o persoal do CIAE 112 Galicia requiriu a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Monforte, do GES de Quiroga-Folgoso do Courel, da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local.

Debido a este accidente, a Garda Civil de Tráfico habilitou na estrada un paso alternativo ao tráfico de vehículos, ao verse condicionada a circulación a causa do choque.

Artigos relacionados

Back to top button