DeportesSen categorizar

Dúas pratas e un bronce para ArcoBarco

Alta representación do club barquense no campionato galego de tiro con arco ao aire libre
Membros de Arcobarco que subiron ao podio no galego./ Foto cedida por Arcobarco.
Membros de Arcobarco que subiron ao podio no galego./ Foto cedida por Arcobarco.

Tres membros do club ArcoBarco subían ao podio no campionato galego de tiro con arco ao aire libre, celebrado esta fin de semana en Valdoviño (A Coruña).

Luis Rey e Martín Gómez lograban sendas medallas de prata nas modalidades de arco composto sénior e arco recurvo veterano, respectivamente. Para Rey esta era a súa primeira prata na modalidade. O cadete Taylor Murias pola súa banda, lograba unha meritoria medalla de bronce nunha categoría superior: a de júnior recurvo.

Santos Murias e Óscar Álvarez debutaban en competición de composto sénior logrando o 8º e 10º posto respectivamente, mentres José Manuel Fernández medalla de ouro nacional por equipos, lograba o 5º malia non chegar nas mellores condicións.

Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button