DeportesÚltima hora

Dúas pratas para a atleta barquense Mónica Yáñez no nacional máster de pista cuberta

Este campionato de España disputábase a pasada fin de semana en Expourense

A atleta barquense Mónica Yáñez, primeira pola esquerda, no podio do Campionato de España máster en Ourense./ Foto: Club Adas.

 

Dous podios para Mónica Yáñez Pérez (Club Adas do Barco) no Campionato de España Máster de pista cuberta que se celebraba na derradeira fin de semana de novembro en Expourense.

A atleta barquense conseguía dúas pratas, unha na proba dos 60 v. cunha marca de 10.25 e outra en altura, cun rexistro de 1,39. “Foi a gran protagonista da xornada”, asegura o Club Adas, que tamén menciona os cuartos postos de Luis Campos nos 60 ml e de Elena Ledo nos 3.000 m. Ademais tiña previsto competir no triplo Pablo Brieva, pero lesionouse no quecemento.

 

Mónica Yáñez, antes de recibir unha das dúas medallas no nacional./ Foto: Club Adas.

Artigos relacionados

Back to top button