OurenseÚltima hora

Dúas rúas do centro de Ourense serán peonís mentres dure o estado de alarma

Pola rúa Parque de San Lázaro e o primeiro tramo da Bedoya non pasarán coches dende este mércores 13 de maio

Tramo da rúa Bedoya que será peonil dende o mércores. Foto: GOOGLE MAPS.

 

Co obxectivo de dotar á  cidade de maior espazo de paseo para a poboación, a rúa Parque de San Lázaro e o primeiro tramo da rúa Bedoya serán peonís dende este mércores, 13 de maio, ata que remate o estado de alarma provocado pola pandemia do Covid-19. Así o anunciaba na mañá deste luns 11 de maio o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, asegurando que o peón “non se atopará semáforos desde a avenida da Habana ata a rúa da Coruña, unha distancia de 1,3 quilómetros”.

Esta acción enmárcase dentro dunha “proba piloto para a mobilidade”, para estudar como reacciona o tráfico de vehículos e tamén a xente e tal como adianto ou rexedor, “nun futuro próximo, cando se estude a mellor maneira de reordenar o tráfico, tamén será de carácter peonil o primeiro tramo da rúa Curros Enríquez, fronte á Subdelegación do Goberno”.

Con todo, estas non son as únicas medida sen materia de mobilidade que anuncia o alcalde. Adianta tamén que se consultará coa Deputación provincial a “posibilidade de reducir o límite de velocidade na estrada de Reza -actualmente a 50 km/h- e reordear o tráfico na estrada de Oira para que, en ambas vías, sexan os ciclistas os que teñan prioridade sobre os vehículos a motor”.

Artigos relacionados

Back to top button