CulturaCultura

Dúas semanas de funcións

O 6º FITO celebrarase do 5 ao 18 de outubro en Ourense

cartelfito

Finalmente e para ledicia dos afeccionados, Ourense non quedará sen a edición deste ano do Festival Internacional de Teatro. Malia terse anunciado hai uns meses por parte de Sarabela, organizadora do evento, a suspensión do mesmo por falta de acordo con Concello, ámbalas dúas partes conseguían achegar posturas e o 6º FITO celebrarase do 5 ao 18 de outubro.

Segundo a organización, o contido desta edición volverá ser variado e de calidade. Poderá verse a obra “dun dos grandes nomes da escena europea, o coreógrafo danés Palle Granhøj, director da compañía Granhøj Dans, con recoñecemento internacional pola súa orixinalidade e o alto nivel do traballo desenvolvido durante vinte anos”.

Tamén haberá oco para La Mona Ilustre, nova compañía chilena que presenta un fermoso traballo con obxectos, así como para os creadores doutras comunidades autónomas como Markeliñe, compañía do País Vasco, que se dedica a facer un teatro xestual e visual. Con Adentro Teatro, Tristán Ulloa dirixe por primeira vez “En construción”, traballo hispano/arxentino con humor e tenrura. Asemade visitará Ourense GL Producións de Andalucía, dirixida por Veronese.

Texto: Mónica G. Bellver
(Máis información na edición en papel do Periódico O Sil).

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button