OurenseÚltima hora

Dúas unidades de desinfección de vehículos darán servizo a Protección Civil e Policía Local dos concellos da provincia

O novo equipamento co que conta a Delegación Territorial da Xunta en Ourense tamén dará servizo aos coches da Administración e da Policía Autonómica

 

Na mañá deste martes 7 de abril comezaba a funcionar o novo equipamento co que conta a Delegación Territorial da Xunta en Ourense, dentro das medidas adoptadas polo Goberno galego para loitar contra o coronavirus.

Trátase de dúas unidades de desinfección de vehículos por ozono, que prestarán servizo aos coches da Administración e da Policía Autonómica, así como aos de Protección Civil e Policía Local dos concellos da provincia ourensá, dúas das agrupacións que máis están loitando por controlar a pandemia.

Artigos relacionados

Back to top button