DeportesÚltima hora

Dúas xogadoras do CV Ribeira Sacra, convocadas pola selección nacional de voleibol

A quiroguesa Carolina Camino e Nerea González, asistirán á concentración en Soria do 24 ao 26 de novembro
Nerea González e Carolina Camino.

O CV Ribeira Sacra está de noraboa. Dúas das súas xogadoras foron convocadas pola Real Federación Española de Voleibol para unha concentración aberta, que terá lugar en Soria do 24 ao 26 de novembro con motivo de preparar o campionato “Ocho Naciones” que se disputará en Portugal no mes de decembro.

Trátase de Nerea González Fontal e Carolina Camino Fernández (esta última empezou a xogar ao voleibol na Rúa da man de Antonio García). Dúas cadetes de primeiro ano que as tempadas pasadas integraron o equipo infantil que quedou en primeiro e segundo lugar nos últimos campionatos galegos.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button