CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

O dueto Carta de Ajuste actuará este sábado na Pobra de Trives

A Festa dos 90 celebrarase na praza Doutor Paz a partires as dez e media da noite
O dueto lucense Carta de Ajuste.

Unha guitarra española, un caixón peruano e dúas voces é todo o que necesita Carta de Ajuste para outorgar ás versións adaptadas, un son peculiar e característico, abordando, dende un punto de vista diferente, cancións de toda a vida.

Por iniciativa da Cantina do Catro e do Boliche, o dueto lucense protagonizará este sábado 30 de setembro na Pobra de Trives, a Festa dos 90 que se celebrará a partires das dez e media da noite na praza Doutor Paz.

Baixo o lema “O mellor e o peor dos 80 e 90 en concerto” Carta de Ajuste articula un espectáculo no que a comedia e a música fusiónanse a partes iguais, buscando a interactuación co espectador. “Facer ao público protagonista en cada concerto retrata a filosofía desta agrupación musical, que transforma cada actuación nunha paréntese, onde os asistentes conseguen esquecerse das rutinas e preocupacións diarias a través da música”, explican dende Hermanager Producións.

 

Artigos relacionados

Back to top button