EconomíaEconomíaÚltima horaVídeos

Dulce y Salado, un dos establecementos hostaleiros do Barco que sirve café “para levar”

 

Malia o peche do sector hostaleiro, antes incluso de facerse efectivo o estado de alarma, hai establecementos que manteñen algún servizo como o da entrega de pedidos a domicilio ou a venda de produtos alimentarios “para levar”, como por exemplo o café.

Entre os establecementos que manteñen este último, no Barco de Valdeorras están o Dulce y Salado, o Café-Bar Lisboa, a Panadería-Bar Las Huertas, a Panadería-Bar Santigoso ou a Pastelería Rodillo Veloz.

Se hai outros establecementos que den este tipo de servizos (non só no Barco senón en calquera outra vila) e queiran difundilo a través da edición dixital de OSIL.info, poden facelo enviando información e unha fotografía ao enderezo redaccion@osil.info.

Vídeo: José Luis Casas

Artigos relacionados

Back to top button