CulturaCulturaÚltima hora

‘Duncan de Palleiro’ encandila aos nenos na Rúa

A obra de teatro enmárcase no programa das Festas de Verán que se estan desenvolvendo na vila

Publicidade

 

Os nenos son unha parte moi importante en calquera programa festivo. A Rúa non é unha excepción e especialmente adicado ao público infantil estaba o espectáculo de rúa ‘Duncan de Palleiro’, da compañía Lila Teatro que no mediodía deste venres 5 de agosto, en plenas festas de verán, encandilaba aos pequenos na rúa Doutor Vila.

Duncan é un can moi especial que pertence a esa raza mítica, lendaria e con máis prestixio de todas, a de Palleiro e coma o príncipe das corredoiras, se presentaba antes os pequenos da Rúa amosando a súa vida sinxela ao carón dos seus amigos, veciñas de sempre, nunha vila pequeniña e fermosa no medio das montañas chamada, amosando o seu amor polos nenos aos que conseguiu engaiolar coa súas monerías.

Este espectáculo forma parte do programa ‘Cultura no Camiño’ da Xunta.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button