Galerías de fotosOurenseÚltima hora

Dura fin de semana para o Campus Universitario Ourense Rugby

O equipo que compite na divisón de honra B perdía 7-17 en casa ante o Bathco RC de Santander

Catro derrotas. Este foi o saldo do Campus Universitario Ourense Rugby na fin de semana do 3-4 de novembro.

O equipo sénior que compite na división de honra B perdía por 7-17 en casa ante o Bathco RC de Santander, nun partido que comezaba moi igualado con boa defensa local. Con todo, malia acercarse cara o final do encontro, non puderon remontar. A vindeira fin de semana xogará contra o CRAT Coruña.

Na liga sub 14, o equipo ourensán perdía 32-0 no partido contra Os Ingleses RC disputado en Fontecarmoa, e tampouco na liga rexional houbo bos resultados. Tal como explican dende o club, o combinado lucense-ourensán feminino Muralla Campus Ourense, caía derrotado 5-22 na segunda xornada ante o CRAT B coruñés. O equipo sénior pola súa banda perdía na cuarta xornada de liga contra o Muralla de Lugo por un contundente 10-58.

Fotos: Campus Universitario Ourense.

Artigos relacionados

Back to top button