DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Durísimo Trail de Chandrexa con case 250 participantes

O domingo 23 de xuño a serra de Queixa mostraba a súa cara máis dura ós case 250 participantes do Trail de Chandrexa de Queixa, proba xa de por sí moi esixente. Frío, vento, néboa e ata granizo acompañaban durante case toda a carreira ós participantes, dificultando moito o percorrido.

Roberto Riobó Estévez de Bueu adxudicouse o primeiro posto da carreira longa cun tempo de 3:49:51, Fernando Arca de Caldas de Reis fixo o segundo posto con case dous minutos máis que o vendor e o terceiro foi o coruñés Ramón Muiños.

A primeira muller en cruzar a meta foi María Ferreiro, no posto 25. Dos 47 corredores que remataron a proba, o último en cruzar a meta precisou 7:07:15 de tempo para completala

Na carreira júnior, que igualmente puntuaba para o campionato galego, o primeiro en superar os 18 km dos que constaba, foi Yago Abeledo e a cross puntuable para a copa galega cadete liderouna Hugo Reinlein.

Salientar a laboura de todos os colaboradores que estiveron nos puntos de avituallamento durante todas as horas que foron precisas, soportando a difícil climatoloxía ca que nos sorprendeu este día.

Texto e fotos: Raquel Pérez

Artigos relacionados

Back to top button