A RúaConcellosÚltima hora

“E.T.” proxectaráse este sábado, 15 de agosto, no autocine da Rúa

A sesión será ás 21:30h na Área Recreativa do Aguillón

Continúa o autocine da Rúa, esta vez coa película “E.T.”, de Steven Spielberg. A sesión será o vindeiro 15 de agosto, ás 21:30h, no campo de tiro da Área Recreativa do Aguillón. As entradas xa están dispoñibles para a súa venda na casa consistorial da Rúa e terán un prezo de 5 euros por vehículo.

“E.T.” (1982) considérase un clásico da ciencia ficción e un dos títulos máis recoñecidos de Spielberg. Narra a historia dun neno estadounidense, Elliot, que entabla unha forte amizade cun extraterrestre que desexa regresar ao seu planeta de orixe.

 

Cartel da actividade. / Foto: cedida.

Artigos relacionados

Back to top button