Especial NadalMonográficos

“É un sector en desenvolvemento”

José Ángel Vázquez, concelleiro de Termalismo de Ourense

Foto: Carlos G. Hervella

Complementar o termalismo ao aire libre e medioambiental, que caracteriza hoxe á cidade das Burgas, cunha nova infraestrutura balnearia. Ese é o modelo de futuro polo que aposta o Concello de Ourense para este sector. Así o asegura o concelleiro de Termalismo, José Ángel Vázquez Barquero, quen tamén adianta que a primeiros do 2014 daranse novos pasos neste senso xa que se prevé sacar a concurso o primeiro hotel balneario da cidade e iniciar o de-senvolvemento urbanístico da zona do antigo cárcere, entre outras actuacións.

Dentro do conxunto de recursos económicos da cidade de Ourense, ¿que supón o termalismo?

Para nós é un recurso moi importante porque estamos falando dunha potencialidade que a medio prazo pode ser unha realidade que conleve un desenvolvemento e unha actividade económica en torno á mesma. Pero Ourense nestes momentos é basicamente unha cidade comercial e de servizos, o que non quita que xa haxa unha certa actividade económica en torno ao termalismo, porque aí están as pozas e as instalacións termais e, dalgunha maneira, o sector da hotelería e da restauración vense afectados. Pero o termal é un sector en desenvolvemento e aínda lle queda un certo percorrido. Nós estamos traballando na expropiación das diferentes parcelas no entorno do antigo cárcere e pretendemos, a partir de aí, a principios de ano sacar a concurso a concesión para a creación de diferentes instalacións, entre elas probablemente un hotel balneario, pero isto non deixa de ser un proxecto. O desenvolvemento do termalismo aínda está en gran medida por facer na cidade.

¿Ese desenvolvemento termal de Ourense esperta interese entre o sector privado?

Si, hai diferentes promotores que, nun principio, están interesados neste concurso. O certo é que o do antigo cárcere é un concurso moi importante, porque tamén é o previo do proxecto Xardín das Burgas, son todas as traseiras que dan cara ao Barbaña, é dicir, trátase dun proxecto moi potente e nós entendemos que si pode ser moi atractivo.

Texto: Ángeles Rodríguez/ Ourense Foto: Carlos G. Hervella
(A entrevista íntegra pode lerse na edición en papel do Periódico O Sil).

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button