EconomíaEconomíaÚltima hora

Economía reúne aos clústers galegos

Na reunión co conselleiro estivo tamén resprentado o Clúster da Lousa
Reunión do conselleiro de Economía cos clústers galegos.
Reunión do conselleiro de Economía cos clústers galegos.

Dentro da rolda de contactos iniciada para consensuar a Axenda da Competitividade Industrial Galicia Industria 4.0, o conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, mantiña unha reunión o 4 de febreiro cos representantes dos clústers galegos, entre eles o da lousa.

No decurso do centro puideron escoitarse e valorarse as principais achegas dos clústers, o conselleiro aludía á importancia desta axenda como un documento clave para o futuro de Galicia, “que aspira a configurar unha industria competitiva, diferenciada e xeradora de emprego de calidade”. De cara a acadar eses obxectivos, os clústers galegos están chamados a desempeñar un papel fundamental dado o seu coñecemento do entorno empresarial e a posibilidade de cooperación coa administración.

Nesta axenda apóstase polo equilibrio entre o reforzo dos sectores tradicionais e o impulso dos emerxentes, “ademais de pola hibridación multisectorial, que supón a interconexión de sectores distintos na procura de aproveitar as sinerxías entre eles para mellorar a súa competitividade no mercado global”, segundo Economía.

Co desenvolvemento desta Axenda, tal e como indicaba Conde, a Xunta aspira a modernizar a industria galega a través da innovación, establecendo novas fórmulas de produción que melloren a súa competitividade, e impulsando a fabricación de produtos diferenciados e de calidade.

Artigos relacionados

Back to top button