OurenseÚltima hora

Ecovixiantes de Franciscanas de Ourense entregan esta semana máis de 1.000 kg de pilas usadas

 

Ecovixiantes de Franciscanas de Ourense entregou esta semana máis de 1.000 kg de pilas usadas (o equivalente a 10 bidóns que serán retirados proximamente do colexio) dentro da III Liga Pilabot de Recollida de Pilas Usadas, envorcados como están con este residuo tan perigoso que podería terminar no lixo ou nas augas do río. “Unha pila botón contamina uns 600.000 litros e as pilas comúns uns 175.000 litros”, lembran os Ecovixiantes.

Esta é unha das moitas actividades que unha semana máis levou a cabo o grupo de ecovixiantes. Cuantificaron en 85 os kilos de tapóns solidarios clasificados e entregados no Centro de Discapacitados Psíquicos de Verín.

 

Partido de fútbol entre Sporting Pilabot e Sporting Sogama.

 

A saída desta semana consistiu na recollida de centos de cabichas, na pista vermella de Barros Sibelo, e despois disputaron un partido de fútbol onde esta vez o Sporting Pilabot caeu con claridade ante o Sporting Sogama, con 7 goles do profesor Gonzalo.

Ecovixiantes traballa ademais os obxectivos de desenvolvemento sostible, en especial o número 13 Acción polo Clima.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button