OurenseÚltima hora

Edgar Serodio Villar, Ecovixiante do mes no colexio Franciscanas de Ourense

 

Afán de superación, tenacidade, capacidade de traballo, esforzo, simpatía e coidado do entorno, son as cualidades que o xefe de estudos do colexio Franciscanas de Ourense Jaime Álvarez, destaca do alumno Edgar Serodio Villar, nomeado Ecovixiante do mes.

Edgar recibía o seu diploma na semana en que un equipo da televisión nacional se achegaba ata o colexio para gravar aos Ecovixiantes, dentro das Aulas Libera, SeoBirdLife e Ecoembes. Para iso, os alumnos depregaron boa parte dos seus recursos, “reciclado de aceite usado, onde un litro contamina mil litros de auga; construción de cabichómetros para a batida da semana, recollida de pilas na Liga Pilabot e embotellado e etiquetado de tapóns solidarios”, di o profesor Lalo Sánchez que acabou cunha pequena explicación sobre a “Criatura de Libera”, todas aquelas cousas que non debemos tirar polo váter e si ao contedor orgánico como preservativos, cabichas, tampóns, toalliñas, bastonciños… que forman algo monstruoso que tupe as alcantarillas e contamina as augas.

Aparte de pousar para as cámaras, como cada semana os Ecovixiantes de Franciscanas de Ourense clasificaron e almacenaron pilas, embotellando ademais 250 kg de Tapóns Solidarios que serán levados a Verín. Ademais, realizaron botellas con embudos para a recollida de aceite usado, e estrearon a nova illa de reciclaxe do Plan Proxecta Recíclate con Sogama con todos os envases lixeiros xerados no colexio.

 

 

Belén realizado con material reutilizado

A semana remataba dando a benvida ao Nadal, coa presentación do seu particular Belén, realizado polo alumnado de todos os niveis educativos baixo a coordinación do profesor José Antonio Álvarez, experto en Beléns Napolitanos.

 

 

Como non podía ser doutro xeito, neste nacemento destacan as figuras realizadas con material reutilizado, pensando na sostibilidade da que o colexio é un exemplo a destacar.

 

 

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button