CulturaCulturaÚltima hora

Edítase unha edición facsímil da revista “Peña Trevinca. Montañeros de Galicia [1944-1950]”

Esta edición será presentada no Barco o vindeiro 27 de outubro ás 19:30h. no salón multiusos do Concello do Barco

 

A editorial Albarellos vén de sacar de publicar unha edición facsímile “dunha revista da que só se conservou ata hoxe unha colección completa: nove números que viron a luz no Barco de Valdeorras (Ourense) entre 1944 e 1950”, que respecta as cores e eo formato orixinal da publicación.

Trátase de “Peña Trevinca. Montañeros de Galicia [1944-1950]”, unha iniciativa “pioneira no mundo do montañismo e da natureza que agora rescatamos íntegra, precedida polos textos dun historiador e tres xeógrafos que contextualizan, valoran e explican, en definitiva, as dimensións daquela fazaña na Galicia dos difíciles e escuros anos 40”, segundo informa a Editora Alvarellos.

O historiador Ricardo Gurriarán, fillo dun dos fundadores e artífice da revista no seu día, Gonzalo Gurriarán, conservou a colección completa, e cedéuna para que fora reproducida e estudada para facer o libro que agora se presenta.

 

 

Así mesmo, nesta edición constouse ademais coa colaboración de tres xeógrafos da Universidade de Santiago de Compostela, os profesores Valerià Paül e Juan M. Trillo e o investigador Luis Martín Agrelo. As súas aportaciones permiten contextualizar, valorar e entender a importancia da revista agora recuperada.

Esta revista será presentada o vindeiro 27 de outubro ás 19:30h. no salón multiusos do Concello do Barco.

 

Artigos relacionados

Back to top button