No P 104 remataba Edu Iglesias a xornada deste martes 4 de xaneiro no Dakar 2022. Unha etapa de 255 km de especial máis 214 kms de enlace antes de empezar e outros 166 kms ao finalizar.
En total máis de 600 km dunha etapa rápida con sectores de pistas arenosas e bastantes cordóns de dunas na o piloto de Monforte se atopou ben na moto aínda que segue arrastrando a caída da primeira etapa da que vai recuperándose poco a poco, tal como informan dende Team Monforte Rally.
A etapa de mañá
Mañá, etapa 4 Al Qaisumah-Riyadh Enlace: 242 km – Especial: 465 km. Etapa coa especial máis longa de todo o rallye. “Prevese unha etapa complicada para a navegación, pero seguimos aí”, aseguran dende o equipo de Eduardo.
Nesta etapa o Dakar avanza rumbo ao sur ata a capital de Riyadh cun menú completo dos praceres do rallye- raid: un primeiro prato de pistas rápidas durante preto de 200 km, un segundo prato composto por cordóns de dunas de tamaño variable e de sobremesa un final de etapa pedregoso, no que destacará unha secuencia de oueds. Será unha das probas de lume da primeira semana.
Fotos e vídeo: Team Monforte Rally.