DeportesMotociclismoÚltima hora

Eduardo Iglesias sitúase no P79 do Dakar a falta de dúas etapas para o final

 

Tras un total de 758 km dos cales 375 eran de especial, o piloto do Monforte Rally Team, Eduardo Iglesias, remataba satisfeito a etapa 10 do Dakar 2020.

“A primera parte da etapa era unha zona moi aberta e rápida de area con algunhas dunas pero tralo refueling discorreu  sobre pistas máis sinuosas de area entre vales e pequenos canóns así como unha zona de moita pedra”, explican dende o equipo galego.

Boa etapa pois para Edu, con boas sensacións e moi bo ritmo, “se ben o ter penalizado tanto a primera etapa fai complicado escalar posicións porque en xeral o ritmo de todos os corredores é moi rápido”, recoñecen. Ao final, na xornada deste mércores 12 de xaneiro, o piloto lucense quedaba P70 na etapa e P79 na xeral.

Fotos e vídeo: Monforte Rally Team.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button