En portadaÚltima hora

Educación adxudica a rehabilitación do CEIP Condesa Fenosa do Barco

As actuacións que se levarán a cabo neste centro ascenden a un total de 634.813,95 euros. Tamén se levarán a cabo reformas noutros catro centros educativos da provincia
Exterior do CEIP Plurilingüe Condesa Fenosa do Barco./ Foto: Mónica G. Bellver.

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vén de adxudicar a rehabilitación integral de cinco centros educativos da provincia de Ourense, en concreto do IES O Couto (Ourense) e dos CEIP de Prácticas (Ourense), Plurilingüe Calvo Sotelo (O Carballiño), Plurilingüe Condesa de Fenosa (O Barco de Valdeorras) e Princesa de España (Verín). As obras, que ascenderán a 3.912,173,30 euros, realizaranse a través do anticipo de tesourería aprobado no Consello da Xunta para axilizar a licitación das obras con cargo ao superávit de 2018. Os traballos comezarán a executarse os vindeiros días.

No caso do CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa a intervención ascenderá a 634.813,95 euros, cos que se acometerá o illamento da fachada, dos capialzados e da cara superior do forxado do baixo cuberta, a substitución das ventás de folla simple por unha carpintería de carpintería de aluminio con rotura de ponte térmica e vidro dobre baixo emisivo e das persianas por unhas novas de lamas de aluminio inxectadas con espuma de poliuretano e a renovación das luminarias por unhas de alta eficiencia enerxética, con equipos de regulación lumínica e detectores de presenza en corredores e aseos.

Así mesmo, instalaranse válvulas termostáticas en todos os radiadores existentes, de forma que se permita o funcionamento da calefacción unicamente nos radiadores das estancias que demanden máis temperatura e axustar diferentes temperaturas segundo o uso dos espazos. Todas estas medidas combinadas suporán un aforro do 27,60% no consumo de enerxía primaria non renovable e do 28,20% en emisións de CO2.

A maiores colocaranse estores na fachada este e mosquiteiras nas ventás dos comedores, substituirase a carpintería interior, reformaranse os aseos, instalarase pavimento vinílico en todas as dependencias e zonas de circulación e renovarase o chan da cociña. Así mesmo, instalaranse falsos teitos acústicos en aulas, biblioteca e salón de actos e falsos teitos con placas de xeso laminado en zonas comúns. Ademais, acometerase a pintura interior de paramentos, portas e radiadores.

No referenteo á mellora do CEIP Princesa de España de Verín, suporá un investimento de 760.847 euros, cos que se illará a fachada do edificio principal e os capialzados dos dous edificios e se substituirá a cuberta dos dous edificios por unha cuberta de paneis sándwich de chapa de aceiro galvanizado lacado con espuma de poliuretano. Tamén se colocará illamento térmico. na cara superior do forxado do baixo cuberta no edificio principal e sobre o falso teito da última planta no edifico do comedor, así como sobre o falso teito dos porches e patios exteriores dos dous edificios.

 

Artigos relacionados

Back to top button