Sen categorizar

Educación ambiental e reciclaxe, no CEIP do Bolo

 

O alumnado do CEIP do Bolo está a participar nunha serie de actividades relacionadas coa compostaxe organizadas pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda dentro dun amplo programa especial de concienciación con motivo da Semana Europea da Prevención de Residuos, que se está a desenvolver ata o 24 de novembro.

Entre esas actividades figura un talleres formativos que no marco do programa de compostaxe escolar, que arrancou a comezos deste curso co obxectivo de ensinarlles aos nenos a separar os residuos orgánicos que se xeran nos seus comedores e a reutilizalos despois en forma de abono nos hortos existentes nos seus propios colexios.

Na mañá do 20 de novembro a delegada da Xunta na provincia, Marisol Díaz, achegábase ata este centro escolar valdeorras, acompañada polo alcalde do Bolo, Manuel Corzo, e por outros membros da Corporación, e alí avaliaba positivamente o desenvolvemento destes obradoiros.

Artigos relacionados

Back to top button