OurenseÚltima hora

Eiroás acollerá o primeiro Canicross de Ourense

O evento será o 17 de maio e está organizado pola Asociación de Propietarios de Mascotas de Ourense
Cartel.

O próximo mércores, 17 de maio, a Asociación de Propietarios de Mascotas de Ourense (APMOU) celebrará o primeiro CaniCross BeOne no campo de fútbol do centro deportivo BeOne de Eiroás.

Cara ás nove da mañá, realizarase o control veterinario. Logo, ás 10:00 horas, iniciaran a carreira nun circuíto marcado no campo de fútbol. Para rematar, farán unha exhibición de “Agility”.

Sobre APMOU

A asociación naceu co compromiso de fomentar a educación canina e a responsabilidade entre os propietarios de mascotas, así como promover na cidade unha convivencia en harmonía. Esta asociación sen ánimo de lucro busca promover o benestar das mascotas e das persoas da cidade, así como mellorar a convivencia entre ambos os dous.

Artigos relacionados

Back to top button